Falece un septuaxenario tras sacalo da auga en Bastiagueiro Pequeno, en Oleiros
Falece un septuaxenario tras sacalo da auga en Bastiagueiro Pequeno, en Oleiros
O bañista morreu despois de que o rescataran cando se bañaba na praia coruñesa
Un home duns 70 anos faleceu este domingo na praia de Bastiagueiro Pequeno, no concello de Oleiros.
Os socorristas do areal avisaron o 112 Galicia ao redor das 13:15 da tarde de que acababan de rescatar unha persoa na auga e solicitaban asistencia sanitaria. Ata a zona desprazouse persoal de urxencias, emerxencias de Oleiros, Garda Civil e Policía Local.
Os sanitarios tentaron reanimar a vítima no areal, pero a pesar dos intentos, só puideron certificar o seu falecemento. O 112 tamén puxo en aviso da situación a Salvamento Marítimo e Gardacostas, que non chegaron a intervir na operación de rescate.
🔴 #AXEGAInforma dun septuaxenario falecido despois de ser sacado da auga na Praia de Bastiagueiro Pequeno, en #Oleiros.
— 112Galicia (@112Galicia) September 3, 2023
Os equipos de emerxencia practicaron as manobras de reanimación, sen éxito.
Interviñeron: sanitarios, Emerxencias Oleiros, @guardiacivil e Policía Local. pic.twitter.com/XfAmHF1fTu