Falece un sexaxenario tras precipitarse o seu coche ao mar no porto de Laxe
Falece un sexaxenario tras precipitarse o seu coche ao mar no porto de Laxe
Malia que un mergullador logrou rescatalo con vida, faleceu intres despois
O vehículo precipitouse ao mar en Laxe contra as nove e media da mañá. Daquela, un particular que estaba na zona alertaba o 112.
"As causas aínda se están a investigar, pero aquí no porto contan que viron como un coche caía a auga", explican desde Protección Civil de Laxe.
Inmediantamente o 112 activou un amplo dispositivo de emerxencias, á vez que algunha testemuña alertaba un mergullador da vila que estaba na casa preparándose para ir capturar navallas.
El foi quen logrou rescatalo nin primeiro momento con vida, malia que faleceu intres despois. Un falecemento que causou unha gran conmoción en Laxe.
Contra o mediodía, un furgón dos servizos xudiciais trasladaba o cadáver ao CHUAC para practicarlle a autopsia.