Falece un traballador de 25 anos golpeado por un vehículo nunhas obras en Vigo
Falece un traballador de 25 anos golpeado por un vehículo nunhas obras en Vigo
O accidente laboral produciuse a mediodía na subida Viña Grande, en Alcabre
Trátase do segundo caso de falecemento dun traballador esta semana en Vigo
Un traballador de 25 anos faleceu este venres golpeado por unha retroescavadora nunhas obras en Vigo, segundo informan os servizos de emerxencias.
O accidente produciuse nunha zona da subida Viña Grande, en Alcabre, e a alerta do sinistro laboral foi rexistrado polos servizos de emerxencias despois das 11:30 horas.
Trátase do segundo accidente laboral con resultado de falecemento rexistrado esta semana na cidade viguesa.
O mércores faleceu outro traballador ao caer do tellado da nave dun estaleiro no que estaba a instalar paneis fotovoltaicos.
Desde principios de ano morreron na provincia de Pontevedra un total de cinco traballadores, dous ao quedar atrapados baixo un saco de granza nunha planta de reciclaxe de plástico na Cañiza, outro ao caer dun tellado onde efectuaba reparacións en Pontevedra e os dous últimos esta semana en Vigo.