Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador de 50 anos tras caer desde a cuberta dunha nave en Vigo

Falece un traballador de 50 anos tras caer desde a cuberta dunha nave en Vigo

A Policía Nacional de Vigo informa de que se abriu unha investigación sobre a morte deste traballador

A caída produciuse dende varios metros de altura

G24.gal 13/03/2024 10:47 Última actualización 13/03/2024 13:31

Foi un particular o que chamou o 112 Galicia sobre as 09:00 horas da mañá deste martes para solicitar asistencia médica urxente para un operario que acababa de caer desde a cuberta dunha nave, na rúa de Santa Trega, en Teis, Vigo. 

O operario falecido é un home de 50 anos e estaba instalando unhas placas fotovoltaicas nunha nave do estaleiro San Enrique, cando caeu dende varios metros de altura

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e da Policía Nacional e Local, ademais do persoal da Autoridade Portuaria de Vigo. Con todo, pouco despois, os axentes de seguridade comunicaron o falecemento do traballador.

A Policía Nacional de Vigo informa de que se abriu unha investigación sobre a morte deste traballador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar