Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador tras caer no interior dunha formigoneira en Salvaterra

Falece un traballador tras caer no interior dunha formigoneira en Salvaterra

Foron mobilizados os bombeiros do Baixo Miño para liberar o operario, que quedou atrapado no interior da cuba do vehículo

G24.gal 16/05/2023 12:32

Un traballador, de 45 anos e orixe portuguesa, faleceu esta mañá tras caer no interior da formigoneira que limpaba. Aconteceu no lugar Chan da Salgosa, en Salvaterra do Miño, na empresa Áridos do Mendo.

Segundo informou o 112, ademais dos sanitarios, foron mobilizados os bombeiros do Baixo Miño para liberar ao operario, que quedou atrapado no interior da cuba do vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade