Morre un home ao envorcar o tractor que conducía en Cariño
Morre un home ao envorcar o tractor que conducía en Cariño
O accidente produciuse cando o home circulaba pola estrada que dá acceso á canteira de Landoi
Un home faleceu este venres tras envorcar o tractor que conducía e quedar atrapado cando circulaba pola estrada que dá acceso á canteira de Landoi, en Cariño.
O 112 Galicia informou que o accidente ocorreu esta mañá, sobre as 8:00 horas, cando un particular avisou de que o home se atopaba debaixo do vehículo agrícola.
Os servizos de emerxencias desprazáronse ata o lugar para liberar a vítima, que finalmente faleceu.
Ademais dos profesionais sanitarios, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou os Bombeiros do Eume e os membros do GES de Ortigueira para poder liberar a vítima e facilitar a atención ao equipo médico. Aínda con todo, a persoa faleceu.
Ata o lugar dos feitos, na parroquia de Feáns, tamén acudiron os axentes da Garda Civil, que colaboraron cos equipos de emerxencias para tratar de recoller toda a información sobre o suceso.