Falece unha moza de 26 anos nun accidente de tráfico na AP-9 á altura de Bergondo
Falece unha moza de 26 anos nun accidente de tráfico na AP-9 á altura de Bergondo
Por causa do accidente, producíronse retencións na autoestrada
A condutora dun automóbil morreu tras bater contra a mediana da AP-9 á altura de Guísamo. Foron as testemuñas do suceso as que, arredor das nove desta mañá, chamaron ao 112 para indicar que se acababa de producir un accidente na saída de Guísamo a Betanzos, sentido Ferrol, en Bergondo.
A muller circulaba en dirección Ferrol cando por causas que se descoñecen perdeu o control do seu vehículo, un Citroën ZX bastante antigo.
A condutora, unha rapaza de 26 anos, única ocupante, faleceu no acto. A xove quedou atrapada e os bombeiros tiveron que excarcerala. A muller falecida era natural da Pobra do Brollón, Lugo, e vivía na Coruña.
Tráfico lembra que hai que circular coa máxima prudencia cando as condicións meteorolóxicas non son boas.
Debido ao accidente producíronse retencións na autoestrada e acudiron ata o lugar a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Mantemento de Estradas.
🔴 #AXEGAInforma dunha muller falecida en #Bergondo tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola #AP9, na saída de Guísamo a Betanzos. Foi necesario empregar o material de excarceración dos #BombeirosBetanzos para liberar á vítima.
— 112Galicia (@112Galicia) March 31, 2022