Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha muller de 77 anos nun atropelo en Carnota

Falece unha muller de 77 anos nun atropelo en Carnota

A vítima, de 77 anos de idade, non levaba o chaleco posto e o accidente produciuse nun cambio de rasante

G24.gal 12/10/2022 08:43 Última actualización 12/10/2022 19:08

Pasadas as 23:00 horas deste martes producíase un atropelo mortal en Lariño, Carnota. Unha muller morreu cando cruzaba a estrada.

A vítima, de 77 anos de idade, non levaba o chaleco posto e o accidente produciuse nun cambio de rasante.

O coche ía en dirección a Muros dende Carnota e ao pasar por un cambio de rasante o condutor sentiu un golpe e parou aos poucos metros. Volveu andando cara atrás e xa veu no chan unha muller no chan, ferida. Chamou a emerxencias e os primeiros que chegaron foron os bombeiros do GES de Muros e xa se decataron de que a muller estaba falecida.

Florinda cruzaba a diario e varias veces esa da estrada. Vivía soa e adoitaba ir a un pequeno bar do lugar para facer todos os recados, ata para tomar a súa medicación, xa que non tiña unha clara noción do tempo.

As testemuñas din que o coche sufriu moi poucos danos. Só tiña o faro dereito roto. E que o condutor parou aos poucos metros sen saber moi ben o que pasara ata que veu a Florinda no chan e comezou a berrar pedindo axuda. 

Os que a coñecían din que sempre cruzaba en diagonal e que a advertiron en numerosas ocasións de que era perigoso. Ao parecer, o condutor non foi capaz de ver a muller que estaba a cruzar. 

A media de idade dos peóns está nos 80 anos, xente maior que cruza que non ten axilidade. Os fillos e familiares temos que convencelos para que  cando saian leven prendas reflectoras para que os demais usuarios os vexan, asegura Héctor Teixeira, axente da Garda Civil de Tráfico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade