Falece unha muller de 37 anos ao ser atropelada por un camión en Agolada
Falece unha muller de 37 anos ao ser atropelada por un camión en Agolada
Foi o condutor do camión quen alertou do sucedido
Unha muller faleceu ao ser atropelada por un camión en Agolada. Sucedeu na N640, no punto quilométrico 148. Ás 04:39 horas deste luns, o condutor dun camión chamou ao 112 para dicir que atropelara algo. Manifestou que non sabía que era porque nese momento había moita néboa. Despois de observar a situación decatouse de que era unha muller.
#AXEGAInforma dun atropelo mortal.
— 112Galicia (@112Galicia) March 18, 2024
📍N640, punto quilométrico 148, #Agolada
▶️ Unha muller foi alcanzada por un camión
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil de Tráfico, informado Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Lalín pic.twitter.com/hVckblj3ui
Á chegada dos axentes da Garda Civil de Tráfico confirmouse que se trataba dunha muller, xa sen vida. Os sanitarios desprazados ao lugar só puideron certificar o falecemento. A vítima é unha muller de 37 anos, veciña de Agolada. Rexentaba un bar no centro da vila, e pensan que podería estar tentando chegar a pé ata a casa, un traxecto duns 3 quilómetros.
O accidente foi entre os quilómetros 147 e 148 da estrada N-640. Segundo confirmou a Garda Civil, a vítima circulaba sen chaleco reflectante. O condutor do camión, única testemuña do suceso, acudiu ao cuartel da Garda Civil en Lalín para prestar declaración.
Ata o lugar trasladáronse Urxencias Sanitarias, que nada puido facer por salvarlle a vida á muller, Garda Civil de Tráfico e o GES de Lalín. A Garda Civil fíxose cargo da investigación.