Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home en Monterrei despois de caer por un desnivel co seu tractor

Falece un home en Monterrei despois de caer por un desnivel co seu tractor

Estaba realizando cortas de piñeiro nun monte comunal de Vences con moita pendente cando caeu o tractor por un barranco

G24.gal 31/05/2022 18:48 Última actualización 01/06/2022 14:37

O traballador manexaba un tractor autocargador nun comunal de Vences con moita pendente cando caeu por un barranco. Segundo as testemuñas, antes de quedar esmagado baixo a máquina saíu despedido pero bateu contra unhas pedras.

O operario quedou tendido a uns metros do tractor, axiña os seus compañeiros da empresa madeireira portuguesa que realizaba as cortas de piñeiro neste monte de Vences pediron auxilio aos comuneiros que chamaron aos servizos de emerxencia.

O lugar é de moi difícil acceso e moi empinado. Cando chegou o persoal sanitario do 061 só puido certificar a súa morte. Foron os bombeiros de Verín os que rescataron o corpo con axuda de cordas e trasladaron a padiola á pista forestal máis próxima. O falecido tiña moita experiencia en traballos de corta de madeira e, segundo din quen o coñecía, manexaba moi ben o tractor autocargador, non se explican que puido pasar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade