Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre o condutor dunha furgoneta nun accidente de tráfico en Mesía

Morre o condutor dunha furgoneta nun accidente de tráfico en Mesía

Una indisposición da vítima parece ser a causa do sinistro

G24.gal 24/02/2024 11:37 Última actualización 24/02/2024 19:44

O falecido conducía unha furgoneta pola estrada que une Curtis con Mesía e, á altura da parroquia de Cabrui, saíu da vía. Un particular alertou os servizos de emerxencia ás dez menos cuarto da mañá e advertiu que o home estaba liberado no interior pero non se movía.

Membros do GES de Curtis prestáronlle os primeiros auxilios sen éxito e indicaron que todo parecía indicar que sufrira unha indisposición ao volante. O persoal sanitario que se desprazou ao lugar só puido confirmar a súa morte.

A vítima, un veciño de Curtis, traballaba de repartidor pola zona e era moi coñecido e apreciado pola veciñanza.

Accidente en Oza dos Ríos

Consecuencias menos graves tivo outro accidente acontecido horas despois a uns vinte quilómetros, en Oza dos Ríos. Tres rapaces de Betanzos que ían para Santiago quedaron ilesos tras saír co coche da calzada e quedar sobre a beirarrúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade