Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 50 anos nun accidente de tráfico en Ribeira

Falece un home de 50 anos nun accidente de tráfico en Ribeira

G24.gal 08/10/2024 19:18 Última actualización 08/10/2024 19:37

Un home de 50 anos faleceu nun accidente de tráfico no Concello de Ribeira. Outras dúas persoas quedaron feridas leves

O falecido conducía un vehículo que, por causas que se descoñecen, invadiu o carril contrario. Nese momento chocou cun coche que viña de fronte ocupado por outras dúas persoas.

O sinistro ocorreu arredor das seis e vinte da tarde na avenida de Ferrol.

Os efectivos do 061 que interviñeron no lugar xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Ata o lugar desprazáronse tamén os bombeiros de Ribeira e Boiro e Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade