Cargando resultados...
Falece un mergullador de 59 anos mentres practicaba submarinismo en Viveiro
Falece un mergullador de 59 anos mentres practicaba submarinismo en Viveiro
Aínda non están claras as circunstancias da súa morte, preto do illote da Insua da Area
O illote da Insua na ría de Viveiro
G24.gal
27/07/2024 13:46
Última actualización 28/07/2024 09:53
O aviso dábano os propios compañeiros do home falecido, mediante unha chamada ao 112 pouco despois das doce. Participaba nunha actividade de mergullo nas proximidades do illote da Insua da Area, na ría de Viveiro.
Acababa de somerxerse cando os acompañantes detectaron que estaba aboiando no mar. De inmediato subírono á embarcación para dirixirse ao porto deportivo de Celeiro. Os equipos de emerxencia trataron de reanimalo, pero xa non foi posible.
Os feitos do que puido ocorrer non están moi claros de momento. O home falecido tiña 59 anos, era veciño de Monterroso e, segundo algunhas testemuñas, un mergullador con experiencia.