Falecen dous homes por afogamento: un na Coruña e outro en Chantada
Falecen dous homes por afogamento: un na Coruña e outro en Chantada
Os socorristas da praia de Riazor conseguiron sacar o primeiro, de 88 anos, pero os servizos de emerxencia non puideron salvarlle a vida
O segundo faleceu despois de ser rescatado inconsciente do río Miño en Belesar
Este martes morreron dous homes por afogamento en Galicia. O primeiro falecemento notificouse pola mañá na Coruña e o segundo pasado o mediodía en Chantada.
Falecido na Coruña
O 112 informou este martes do falecemento dunha persoa na praia de Riazor (A Coruña). Os feitos aconteceron pouco antes das 11:00 horas deste martes.
O CRAE-112 Galicia comunicou que un socorrista solicitou a intervención das urxencias sanitarias tras sacalo da auga. Ata o lugar, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada e o equipo médico realizou manobras de reanimación cardiopulmonar ao varón, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.
??#AXEGAInforma dun home afogado na Coruña.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 23, 2024
📍 Praia de Riazor.
▶️ Un socorrista solicitou a intervención das urxencias sanitarias tras sacalo da auga, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @policia e Policía Local. pic.twitter.com/w9VAVQboyy
Ademais do 061, mobilizáronse efectivos da Policía Nacional e da Policía Local da Coruña.
Falecido en Chantada
Un home faleceu en Chantada despois de que o rescataran inconsciente do río Miño. Foi no lugar de Pincelo, á altura do embarcadoiro de Belesar.
O suceso ocorreu pasadas as tres da tarde deste martes por causas que se descoñecen.
Varios particulares sacárono da auga e alertaron o 112.
🔴 #AXEGAInforma dun home que faleceu tras ser rescatado do río inconsciente en Chantada.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 23, 2024
📍 Embarcadoiro de Belesar, Pincelo (A Sariña).
➡️ Foi rescatado por particulares, que alertaron o #112Galicia ás 15:10 horas, e o persoal sanitario só puido confirmar o seu pasamento. pic.twitter.com/1QxZo8VdcP