Falecen dous mozos en Redondela ao bater a moto na que ían contra un coche e un camión
Falecen dous mozos en Redondela ao bater a moto na que ían contra un coche e un camión
Os dous ocupantes da motocicleta invadiron o carril contrario e impactaron contra os outros dous vehículos
Dous mozos de 19 anos, un rapaz e unha rapaza, que viaxaba nunha motocicleta faleceron esta noite pasada en Redondela tras bater contra un turismo e un camión do lixo.
O sinistro produciuse na estrada N-550 a altura da parroquia de Cesantes, á altura do quilómetro 140. Eran pouco antes da medianoite.
Segundo parece, a espera da investigación que realiza a Garda Civil de Tráfico, a moto, de 125 centímetros cúbicos e que circulaba en sentido Pontevedra, invadiu o carril contrario e bateu primeiro contra o coche e posteriormente co camión.
Os dous ocupantes da motocicleta, ambos de Vigo, faleceron no mesmo momento do accidente.
Os condutores do turismo e o camión resultaron ilesos e deron negativo nos tests de alcol e drogas aos que os someteu a Garda Civil.