Falta de material para traballar no sector téxtil por mor do paro no transporte
Falta de material para traballar no sector téxtil por mor do paro no transporte
Os envíos amoréanse nesta empresa de transportes urxentes, pendentes de chegar ao seu destino
Unha situación que prexudica as vendas presenciais, pero tamén as vendas da web
"Todas estas camisas deberían estar nas tendas, pero están aquí", di unha vendedora.
Están en plena campaña de verán, unha época de moito movemento nas empresas do téxtil, pero moitas case non teñen actividade.
Preparan pedidos para cando se normalice a situación. Envíos como os que se amorean nesta empresa de transportes urxentes, pendentes de chegar ao seu destino.
Angélica coloca as pezas para que non se note a falta de produto. Unha situación que prexudica as vendas presenciais, pero tamén as vendas a través da web, cada vez máis númerosas.
Atrasos nos envíos dos que advirten tamén as grandes firmas de moda á hora de realizar compras online.