Publicador de contidos
Publicador de contidos

Familiares das vítimas do Villa de Pitanxo reuniranse co centro de salvamento do Canadá

Familiares das vítimas do Villa de Pitanxo reuniranse co centro de salvamento do Canadá

Manterán unha reunión por videoconferencia coas autoridades do centro de Halifax

Aínda non hai data definitiva para este encontro telemático que solicitaron as familias

G24.gal 23/05/2022 20:13

A Delegación do Goberno en Galicia emitiu un comunicado confirmando que as familias das vítimas do naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo poderán manter unha reunión por videoconferencia coas autoridades do centro de salvamento de Halifax, no Canadá.

Unha xuntanza solicitada polos propios familiares dos afectados para tratar cos técnicos canadenses as particularidades do suceso, acontecido o pasado 15 de febreiro, e en que perderon a vida 21 dos 24 tripulantes, dos que 12 aínda permanecen desaparecidos.

Non hai data definitiva para este encontro telemático. Con todo, a principal reivindicación das familias segue sendo que se baixe ao buque para comprobar se aínda hai corpos atrapados no mesmo, e tamén para recoller información que permita coñecer as causas da traxedia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade