Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fartos e desbordados pola gran cantidade de residuos voluminosos que se amorean nas rúas do barrio coruñés da Sagrada Familia

Fartos e desbordados pola gran cantidade de residuos voluminosos que se amorean nas rúas do barrio coruñés da Sagrada Familia

Están dispostos a trasladalos á rolda de Outeiro para obrigar así á súa recollida

G24.gal 14/03/2024 14:31

A cantidade de residuos voluminosos que se amorean en case todas as rúas da Sagrada Familia dan conta da situación do barrio coruñés.

E por iso levan moito tempo esixindo a retirada deste tipo de residuos. Din os veciños que unha neveira leva na rúa tres semanas.

"Non podemos ter voluminosos nin lixo semanas e semanas nas rúas porque iso crea infeccións", di Juan Rodríguez, o presidente da asociación de veciños.

Así que desde a asociación de veciños optaron por organizar patrullas de vixilancia para descubrir quen está detrás de todos estes actos incívicos.

"E descubrimos que, en moitos casos, son veciños doutras zonas que veñen tirar aquí. Xa lle demos as matrículas á Policía Local", engade Juan Rodríguez.

E contan que non van aturar moito máis. De feito xa teñen pensado que facer.

"Levarémolos á rolda de Outeiro de madrugada, cortando o tráfico, e así xa non lles quedará outra que retiralos", conclúe Juan Rodríguez.

Porque aseguran que a súa paciencia xa se esgotou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade