Fegatramer dá por terminado o paro no transporte e anima a subir portes
Fegatramer dá por terminado o paro no transporte e anima a subir portes
A federación maioritaria en Galicia cre que as medidas do Goberno non serán suficientes
Logo de dúas semanas complicadas, a normalidade volveu ao transporte de mercadorías por estrada. Fegatramer, que representa case un 60 % dos transportistas de Galicia, considera que as medidas acordadas polo Goberno non serán suficientes.
A Federación Galega de Transporte de Mercadorías deu este xoves por concluído o paro convocado no sector pola Plataforma en Defensa do Sector do Transporte por Estrada Nacional e Internacional e animou aos transportistas galegos a subir o importe dos portes para paliar a alza dos prezos de combustible, mantemento e outros gastos.
"No día de hoxe en Galicia non existe ningunha organización que sosteña o paro e non temos constancia de que haxa ningún sitio onde se estea traballando con normalidade", declarou Carlos García Cumprido, secretario da federación, que en ningún momento chegou a secundar esta protesta.