Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo avanza que o seu ministro de economía será un "home de fóra da política"

Feijóo avanza que o seu ministro de economía será un "home de fóra da política"

A vicepresidenta Calviño tilda de irresponsable a axuda de 20.000 euros para mozos que propón Yolanda Díaz 

Sumar deseña unha campaña con 19 actos de Yolanda Díaz co lema "É por ti"

Feijóo mantén a incógnita de quen ocupará a carteira de Economía
G24.gal 03/07/2023 14:20

Este venres comeza a conta atrás. Arranca unha campaña que será máis ca nunca un enfrontamento entre bloques. 

Feijóo avanzou que o seu ministro de Economía será un "home absolutamente acreditado" e precisa que "non estivo en política", pero garante que os "españois poderán durmir tranquilos". Iso si, mantén a incógnita sobre o seu nome.  

O líder do PP mantén a súa negativa a debater de economía coa vicepresidenta Calviño porque "nin tan sequera vai nas listas ".

Mentres, os socialistas desmárcanse da proposta de Yolanda Díaz de dar 20.000 euros aos mozos para formárense ou emprender. A vicepresidenta primeira e ministra de Economía Nadia Calviño dixo:

"Quen propoña dar subvencións, axudas, así, sen ningún tipo de restricción nin nivel de renda nin un obxectivo concreto, ten que explicar como a vai financiar".

A réplica de Suma non tardou en chegar. O voceiro dos de Yolanda Díaz, Ernest Urtasun, lembroulle a ministra Calviño que nun documento de Moncloa con vistas ao 2050 xa se prevía esta herdanza universal para mozos como a que defenden eles. 

“Non sei se a señora Calviño tivo algo que ver", ironizou o voceiro de Sumar.  

Nesta campaña, Yolanda Díaz vai participar en 19 actos por todo o territorio. Arrancará na Coruña coa presenza de Ada Colau. Díaz vai coincidir en dous mitíns con Ione Belarra, a secretaria xeral de Podemos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade