Feijóo inaugura en Trevinca un novo referente do turismo astronómico
Feijóo inaugura en Trevinca un novo referente do turismo astronómico
A Veiga dá un paso máis co planetario dixital e telescopios para ver as estrelas nun dos lugares máis privilexiados do noroeste para observar a Vía Láctea.
Simuladores para viaxar polos lugares coñecidos e descoñecidos da Galaxia, un planetario que nos envolve no Universo e telescopios para ver ao detalle o ceo é o que nos ofrece este centro situado no punto máis alto de Galicia e onde se poden observar nunha noite despexada ata catro mil estrelas, cando nunha cidade é imposible contar máis de 50.
Para o presidente da Xunta, este centro é un dinamizador máis do turismo no interior da provincia de Ourense. Feijóo subliñou o que "estamos a 25 minutos da Gudiña ou sexa conectados coa meseta polo AVE en hora e pouco e temos a capacidade de atraer turismo da capital de España".
Ademais de visitas guiadas, o centro ofrece obradoiros e cursos de astronomía.