Publicador de contidos
Publicador de contidos

Filipe VI convoca o luns a nova de roldas de consultas antes de propoñer a Sánchez

Filipe VI convoca o luns a nova de roldas de consultas antes de propoñer a Sánchez

Pedro Sánchez e Óscar Puente, este venres no Congreso (EFE/Sergio Pérez) Pedro Sánchez e Óscar Puente, este venres no Congreso (EFE/Sergio Pérez)
G24.gal 29/09/2023 16:45 Última actualización 29/09/2023 17:27

Filipe VI convocou unha nova rolda de consultas cos representantes dos partidos políticos os próximos luns e martes, 2 e 3 de outubro, como paso previo a que, previsiblemente, designe o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, novo candidato á investidura despois de non prosperar o intento do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo.

A Casa do Rei deu a coñecer as datas das reunións nun comunicado despois de que o xefe do Estado recibira presidenta do Congreso, Francina Armengol, no Palacio da Zarzuela tras a segunda votación, tamén errada, sobre a investidura de Núñez Feijóo celebrada este venres na cámara baixa. 

O previsible é que as entrevistas na Zarzuela inclúan as mesmas sete formacións políticas ás que o rei xa recibiu os días 21 e 22 de agosto na primeira rolda que convocou tras as eleccións xerais do 23 de xullo, en que Junts, ERC, EH Bildu e BNG rexeitaron participar.

No comunicado publicado pola Casa do Rei, afírmase que don Filipe solicitou a Armengol que traslade a súa decisión aos grupos políticos con representación parlamentaria.

Ao ser convocados en orde de menor a maior peso parlamentario, o presidente de Unión do Pobo Navarro (UPN), Javier Esparza, sería o primeiro en pasar o luns polo despacho do xefe de Estado, ás 11 da mañá, seguido da deputada de Coalición Canaria (CC), Cristina Valido, e do portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban. Esa xornada completarana pola tarde a líder de Sumar, Yolanda Díaz e o de Vox, Santiago Abascal, en último lugar. 

O martes pola mañá, cunha hora de diferencia enter ambos, será a quenda de Pedro Sánchez e Núñez Feijóo, o último ao ser o PP o partido con máis escanos (137).

Tras fracasar a investidura do líder do PP e unha vez que escoite aos partidos, é previsible que o rei designe a Sánchez como candidato para tentar a elección ao ser o segundo partido que máis deputados logrou (121) o 23X.

Desde hai varias semanas, Sánchez mostrou a súa confianza en reeditar un goberno de coalición con Sumar.

Para iso, necesita tanto os apoios do PNV e EH Bildu como dos partidos independentistas cataláns Junts e ERC, que reclaman a aprobación dunha lei de amnistía para os condenados polo procés e avanzar na celebración dun referendo de autodeterminación como condicións para dar o seu voto favorable.

Sánchez tería ata o 27 de novembro -dous meses despois da primeira votación de investidura errada de Núñez Feijóo- para tratar de que prospere a súa reelección e en caso de fracasar, repetiríanse as eleccións xerais.

Será a décima rolda de consultas convocada por Filipe VI nos seus nove anos de reinado, as mesmas que levou a cabo o seu pai, Xoán Carlos I, nos case 39 anos que estivo no trono.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade