Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fenadismer desinfla a folga do transporte ao decidir por unanimidade desmarcarse do paro

Fenadismer desinfla a folga do transporte ao decidir por unanimidade desmarcarse do paro

A Federación do Transporte non ve "motivos xustificados" para a folga

G24.gal 09/11/2022 14:55

Os transportistas prevén que a afectación da folga vai ser escasa en Galicia. O paro indefinido dende o luns non conta co apoio de Fegatramer, a patronal que representa o 60 por cento das empresas de transporte. Xa se desvincularon tamén organizacións como Apetamcor, con 1.200 socios. Din que un paro nestes momentos sería "inviable" para o sector.

O mesmo opinan en Fenadismer, a asociación que representa en toda España máis de 32.000 pequenas e medianas empresas do transporte de mercadorías, cuns 60.000 vehículos. En marzo acabaron sumándose ao paro, unha decisión que se traduciu no bloqueo de portos, nodos loxísticos e centros de produción. Desta volta os socios de Fenadismer decidiron por unanimidade que non hai xustificación para esta medida de presión, convocada en solitario pola Plataforma en Defensa do Transporte, á que lle piden que respecte os traballadores que decidan manter a actividade.

Tamén o Goberno lles pide responsabilidade aos convocantes e lembra que xa se tomaron medidas lexislativas e económicas para apoiar o transporte.  Para a vicepresidenta primeira.

"Non se entenden estes chamamentos nun sector que recibiu un poio financeiro extraordinario da sociedade española, falamos dunha axuda financeira de 1.400 millóns de euros".

Os hostaleiros coinciden en apelar á "responsabilidade" ante o prexuízo que pode supoñer o desabastecemento. "Para o sector hostaleiro este anuncio nos traslada a máxima preocupación. Calquera posible rotura na cadea de subministración suporía un prexuízo importante para empresas que están intentando remontar", explica o secretario xeral de Hostalería de España.

E CEOE e ATA amosan a súa oposición ao paro e pídenlle ao Goberno que garanta a libre circulación e a seguridade dos transportistas que decidan traballar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade