Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida de gravidade unha condutora nun aparatoso accidente de coche no Corgo

Ferida de gravidade unha condutora nun aparatoso accidente de coche no Corgo

Foi o sistema de seguridade do propio vehículo o que deu o aviso ao 112

O coche precipitouse por un noiro e foi parar ao outro lado dun río

G24.gal 26/07/2024 14:27

Un aparatoso accidente de tráfico na estrada provincial que une Lugo coa Pobra de San Xiao espertou hoxe os veciños de Escoureda, no Corgo. Foi o paso de ambulancias e efectivos de emerxencia o que os puxo en alerta.

"Vin moitos coches alí, vestinme porque eu aínda estaba na cama e fun ata alí".

"Vin a ambulancia, que se metía no prado".

As primeiras hipóteses apuntan a que o vehículo invadiu o carril contrario, pasou por encima do quitamedos, atravesou un terraplén e despois pasou por encima do río Tordea ata acabar neste prado. 

"O coche voou por encima do río".

"Non hai por onde baixar, e vir a dar a este lado é raro".

Malia a aparatosidade do sinistro, a condutora, unha muller de 26 anos e veciña dunha zona próxima, non quedou atrapada no interior, estaba consciente e foi trasladada en ambulancia ata o hospital de Lugo.

"O coche ía moi esnaquizado, foi unha sorte".

"Vendo como quedou o coche, é un milagre".

Nesta ocasión a central de emerxencias do 112 recibiu a alerta do sinistro a través do sistema de seguridade que tiña instalado o propio vehículo accidentado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar