Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida e trasladada ao hospital polo desprendemento dunha cornixa en Cangas

Ferida e trasladada ao hospital polo desprendemento dunha cornixa en Cangas

O desprendemento da cornixa podería estar causado polo peso duns cables conectados ao palco da orquestra

G24.gal 29/08/2023 10:03

Unha muller quedou ferida e foi trasladada a un hospital polo desprendemento dunha cornixa en Cangas.

O 112 Galicia informou de que do accidente avisaron varios particulares, alertando de que unha persoa estaba ferida pola caída de parte da fachada dun edificio na rúa Real de Cangas, á altura da praza de abastos.

A muller, consciente, foi trasladada ao hospital e varias persoas quedaron feridas leves.

Segundo explican desde Protección Civil de Cangas, o desprendemento da cornixa podería estar causado polo peso duns cables conectados ao palco da orquestra e a iluminación da festa.

Os bombeiros aseguraron a zona retirando cascotes e os cables que quedaron soltos na cornixa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade