Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida grave unha moza logo de caerlle enriba un farol en Pontevedra

Ferida grave unha moza logo de caerlle enriba un farol en Pontevedra

O farol rompeu pola base despois de que un amigo da moza se empoleirase na luminaria, que caeu enriba dela

G24.gal 10/06/2024 12:06

Unha moza de 18 anos permanece ingresada na UCI do Hospital Montecelo de Pontevedra, con lesións graves, tras ser golpeada na cabeza por un farol ao que supostamente subiu un amigo.

Segundo consta no atestado da Policía Local de Pontevedra, o suceso tivo lugar na madrugada do domingo na rúa Barón, xunto ao Parador Nacional de Turismo, na zona monumental de Pontevedra.

O farol rompeu pola base despois de que un amigo da moza subira enriba da luminaria, que cedeu, golpeando a moza, tal e como consta no parte policial.

Unha ambulancia do 061 trasladou ao hospital a adolescente, consciente e cunha ferida aberta na cabeza pola que sangraba de maneira abundante. A moza sofre un traumatismo cranioencefálico e unha fractura dorsal.

Os médicos están a valorar a posibilidade de trasladala a Vigo para ser atendida por especialistas en neurocirurxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade