Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida grave unha muller ao caer unha árbore sobre o coche no que viaxaba

Ferida grave unha muller ao caer unha árbore sobre o coche no que viaxaba

Os bombeiros tiveron que excarcerar a vítima que ía de copiloto

O coche esmagado pola árbore
G24.gal 17/09/2023 17:46 Última actualización 17/09/2023 21:14

Esmagado. É o estado en que quedou un coche que circulaba pola Gran Vía de Vigo cando lle caeu enriba unha árbore. O tronco tronzou, posiblemente debido a que non estaba en bo estado. 

"Ía circulando e a árbore xusto caeu enriba do coche e esmagouno, no coche iamos tres: unha moza está no hospital ferida e os outros dous estamos ilesos", explica o condutor.

A moza ocupaba o asento do copiloto e quedou atrapada no interior do vehículo. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerala. Unha ambulancia trasladouna ao hospital Povisa con feridas de carácter grave.

O tráfico estivo cortado mentres no se retiraron todos os restos da calzada, da que é nunha das principais vías de comunicación da cidade.

Os bombeiros de Vigo tiveron que facer oito saídas desde a noite do sábado para retirar árbores caídas na vía pública. Unha delas, na praza de España, a poucos metros da gasolineira, outra na estación de autobuses e outra nun parque infantil onde estaban xogando nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar