Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida unha muller en Santa Comba tras esnafrarse un coche contra a súa casa

Ferida unha muller en Santa Comba tras esnafrarse un coche contra a súa casa

A muller, que estaba no salón, escoitou o golpe e viu como se lle viña a parede enriba

O condutor e o acompañante marcharon antes de que acudisen os servizos de urxencia

Fachada da casa da vítima contra a que foi bater o coche en Santa Comba
G24.gal 16/04/2023 20:15 Última actualización 16/04/2023 21:25

O vehículo, de gama alta, conducido por un mozo veciño da zona arredor das 11 e media da noite deste sábado foi dar contra a fachada da vivenda. 

Nun treito, sinalizado a 70, o condutor perdeu o control e o coche foise por fóra da vía, entrou por enriba dun xardín, esquivando un farol e acabou batendo contra a vivenda. Finalmente parou dentro do terreo da vítima.

Na casa estaba a muller sentada no salón que escoitou un forte impacto e viu como se lle viña a parede abaixo. A vítima sufriu varias contusións causadas polos cascallos e foi trasladada ao hospital. Este mediodía podía volver para o seu domicilio moi afectada polo sucedido.

Marcharon do lugar

Segundo confirmou Protección Civil, cando eles chegaron ao lugar, 15 minutos despois de se producir o accidente, no vehículo xa non había ninguén e o coche presentaba danos importantes.

Tanto o condutor coma o acompañante, identificados polos veciños nos primeiros momentos, abandonaran o lugar do accidente despois do ocorrido, os dous saíron ilesos. 

A investigación da Garda Civil determinará as causas da saída de vía e a desaparición do condutor e o acompañante despois do sinistro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade