Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida unha muller en Santa Comba tras saír da vía e envorcar o coche en que viaxaba

Ferida unha muller en Santa Comba tras saír da vía e envorcar o coche en que viaxaba

A muller estivo consciente en todo momento e foi trasladada en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago, con feridas leves

G24.gal 05/04/2022 13:24

Unha muller de 73 anos quedou ferida nun accidente rexistrado esta mañá en Santa Comba, no lugar de Barbeira.

O vehículo en que viaxaba saíu da vía e envorcou. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para axudarlle a saír do vehículo. Con todo, a muller estivo consciente en todo momento e foi trasladada en ambulancia ao hospital Clínico de Santiago, con feridas leves.

Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Os veciños foron os que deron a voz de alarma, ao escoitar o estrondo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade