Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave ao envorcar o coche en que viaxaba pola AP9 á altura de Abegondo

Ferido grave ao envorcar o coche en que viaxaba pola AP9 á altura de Abegondo

Hai outra persoa ferida

Retencións tras o accidente rexistrado esta tarde na AP9 Retencións tras o accidente rexistrado esta tarde na AP9
G24.gal 23/07/2023 17:41

Unha persoa quedou ferida de carácter grave ao envorcar na AP9 á altura de Abegondo (A Coruña), informan a EFE fontes do 112. O suceso produciuse á primeira hora desta tarde no quilómetro 29 da AP9 en sentido A Coruña, na parroquia de Folgoso.

Un vehículo envorcou e dúas persoas quedaron feridas, unha delas de tal gravidade que acudiu ao momento un helicóptero medicalizado.

Segundo as testemuñas, o coche deu varias reviravoltas ao sufrir o accidente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade