Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave ao estouparlle uns fogos de artificio nunha festa privada en Silleda

Ferido grave ao estouparlle uns fogos de artificio nunha festa privada en Silleda

O ferido, de 62 anos e empregado dunha empresa pirotécnica, está na unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Estaba botando bombas de palenque para unha festa privada cando a chispa dunha delas prendeu no material que levaba no maleteiro do coche, provocando unha explosión

Estado en que quedou o vehículo en que se produciu a explosión
G24.gal 01/05/2023 14:43

A explosión accidental duns foguetes de artificio durante unha celebración privada na noite de onte deixou unha persoa ferida de gravedade no lugar de Altamira, na parroquia de Cira (Silleda).

O ferido é un home de 62 anos, empregado dunha pirotécnica, que estaba botando unhas bombas de palenque ao carón do seu coche cando a chispa dun deles prendeu no material pirotécnico que había dentro do maleteiro, provocando a deflagración.

O 112 recibiu unha chamada de aviso dos asistentes á festa pasadas as nove e media. Ata o lugar deprazouse unha ambulancia, que trasladou ao ferido con queimaduras e traumatismos ata o Hospital Clinico de Santiago. Tamén acudiron ao lugar efectivos da Garda Civil, da agrupación de Protección Civil de Vila de Cruces e unha unidade de Bombeiros do Deza. 

A forza da explosión foi tal que ademáis do vehículo calcinado provocou danos noutros tres coches aparcados ao carón e rompeu os cristais dunha casa próxima.  O ferido, natural da parroquia estradense de Berres, permanece ingresado na unidade de coidados intensivos do Hospital Universitario de Santiago e evoluciona favorablemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade