Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave un menor ao sufrir unha caída de bicicleta en Nigrán

Ferido grave un menor ao sufrir unha caída de bicicleta en Nigrán

O mozo saíu do camiño por un desnivel duns tres metros e caeu á estrada principal

G24.gal 27/08/2024 20:41 Última actualización 27/08/2024 20:52

Un menor quedou este martes ferido de gravidade tras sufrir unha caída de bicicleta en Nigrán, como consecuencia da cal perdeu a consciencia.

Todo ocorreu pouco antes das cinco desta tarde no Camiño de Rial, na confluencia coa PO-325.

Segundo relataron os distintos alertadores, o mozo saíu do camiño por un desnivel duns tres metros, aproximadamente, tras atoparse cun turismo de fronte, e caeu á estrada principal. O impacto provocoulle lesións graves.

Tras estabilizalo, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 evacuou o ferido ao centro hospitalario de referencia.

Ademais dos sanitarios, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como dos membros do GES do Valmiñor e Protección Civil da localidade.

Ademais, foron necesarios os equipos de limpeza e mantemento da vía para recuperar as condicións de seguridade. Por conseguinte, avisouse ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade