Ferido grave un mozo que ía de copiloto nun coche que se espetou contra unha casa
Ferido grave un mozo que ía de copiloto nun coche que se espetou contra unha casa
Aconteceu este mediodía na parroquia de Liñares, nas Neves. Os tres ocupantes do vehículo ían cara a Salceda e formaban parte a unha charanga deste concello
A condutora perdeu o control do coche nun curva moi pechada e acabou impactando contra a fachada dunha casa.
O copiloto, de dezaseis anos, tivo que ser trasladado en helicóptero a un centro hospitalario en estado grave.
Volvían á casa despois de tocar nunha das festas da parroquia das Neves. Pertencían a unha charanga de Salceda de Caselas. Pero o segundo coche no que viaxaban tres dos seus compoñentes impactou bruscamente contra a fachada deste edificio, un garaxe na que, por sorte, non había ninguén.
Foron uns amigos dos propietarios da casa os que atenderon os feridos mentres non chegaban os equipos de emerxencia. O copiloto, un mozo de 16 anos, foi o que levou a peor parte.
A condutora e o acompañante que ía no asento traseiro foron trasladados a un centro hospitalario. O copitolo tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado. Os bombeiros de Ponteareas non tiveron que excarcerar os ocupantes pero o seu labor foi necesario para permitir unha aterraxe segura e rápida nunha leira próxima.
Non é a primeira vez que esta curva lles dá un susto a estes veciños e veciñas da parroquia de Liñares. Aínda que desta volta aseguran que este último accidente foi o máis grave.