Cargando resultados...
Ferido un condutor nun accidente na autoestrada á altura de Cambre
Ferido un condutor nun accidente na autoestrada á altura de Cambre
O seu coche saíu da vía por causas que se descoñecen
G24.gal
04/03/2024 20:20
Un condutor quedou ferido leve ao saír da vía co seu coche mentres circulaba pola autoestrada AP9.
O accidente ocorreu este luns á tarde, sobre as sete e media, á altura de Cambre.
Por causas que se investigan, o coche envorcou e quedou no medio da vía.
O suceso provocou retencións na zona.