Ferido grave un home por unha agresión con arma branca en Lugo
Ferido grave un home por unha agresión con arma branca en Lugo
A vítima da agresión ten 41 anos e permanece ingresada no hospital Lucus Augusti
A Policía Nacional detivo o autor do acoitelamento
Un home resultou ferido ao ser agredido cunha arma branca en Lugo, informa Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O suceso produciuse tras unha liorta nun local nocturno da cidade.
Os feitos sucederon ao redor das 23:53 horas do sábado na rúa Serra de Outes na contorna dun coñecido establecemento de hostalaría. A persoa que resultou ferida é un home de 41 anos, que responde ás iniciais A. F. C. Trasladárono ao hospital Lucus Augusti con prognóstico grave e permanece hospitalizado. Axentes da Policía Nacional detiveron o agresor.
A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pouco antes da medianoite recibiu dun particular unha alerta por agresión con arma branca e enviou ao lugar unha ambulancia e persoal sanitario do PAC de Lugo.
Ata a zona desprazáronse ademais do persoal do 061, axentes da Policía Nacional e da Local.