Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feridos dous axentes da Garda Civil de Tráfico nun accidente en Frades

Feridos dous axentes da Garda Civil de Tráfico nun accidente en Frades

O coche camuflado no que viaxaban bateu contra un camión 

O coche onde viaxaban os axentes O coche onde viaxaban os axentes
G24.gal 29/10/2022 14:05

Dous axentes da Garda Civil de Tráfico quedaron feridos tras chocar o coche camuflado no que viaxaban contra un camión que transportaba lácteos no municipio de Frades.

O sinistro produciuse ao redor das seis da mañá no quilómetro 687 da estrada N-634, que une Santiago e Guitiriz, á altura da parroquia de Céltigos, segundo informan os servizos de emerxencia, alertados polo condutor do camión.

Os bombeiros tiveron que excarcerar un dos axentes que quedara atrapado no interior do vehículo. Despois, ambos os dous foron trasladados ao complexo hospitalario universitario de Santiago.

Segundo o destacamento de Tráfico da Coruña, a patrulla está dedicada á vixilancia e o control de usuarios de risco e no momento do accidente tentaban identificar un condutor sorprendido mentres realizaba manobras ilegais.

O camión accidentado O camión accidentado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade