Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernández Liñares, expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, entrará na cadea a próxima semana

Fernández Liñares, expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, entrará na cadea a próxima semana

Ten que cumprir a condena de catro anos e medio de cárcere que lle impuxo o Supremo polos delitos continuados de suborno e prevaricación mentres presidiu a entidade

G24.gal 02/02/2024 21:12

O que fora presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares deberá entrar en prisión nunha cadea de Lugo ao longo da próxima semana, para cumprir a condena de catro anos e medio de cárcere aos que foi condenado polo Tribunal Supremo por delitos continuados de suborno e prevaricación mentres presidiu a entidade.

En concreto, o tamén exconcelleiro socialista en Lugo, recibiu en días pasados unha notificación da Audiencia Provincial de Lugo na que se lle dá un prazo de 10 días para ingresar de forma voluntaria nun centro penal da provincia. O Supremo emitiu o verán pasado unha sentenza en relación ao caso de Fernández Liñares na que rebaixaba a pena de prisión ditada dous anos antes pola Audiencia de Lugo. Con iso, agora deberá cumprir catro anos e medio de cárcere, menos os meses que xa estivo en prisión provisional.

O ditame está relacionado coa adxudicación de obras a empresarios cos que se puxo de acordo a cambio de diñeiro ou de prestacións de traballo nas súas propiedades. Correspóndese, ademais, coa primeira peza separada da macrocausa operación Pokemon', instruída por Pilar de Lara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade