Ferrol despide a Semana Santa coa procesión da Resurrección
Ferrol despide a Semana Santa coa procesión da Resurrección
Miles de persoas encheron a cidade, que recuperou as sensacións anteriores á pandemia
A da confraría da Mercé, coa imaxe de María Magdalena, foi a procesión máis madrugadora das tres que participan no Gozoso Encontro.
A confraría da Soidade saíu coa talla de Xesús Resucitado desde o templo da Orde Terceira e o trono da Virxe da Luz iniciou o seu percorrido no santuario das Angustias. Todas confluíron na praza da Constitución.
Desde 2004 as tres irmandades celebran conxuntamente a procesión da Resurrección, culminación dunha Semana Santa na que a cidade recuperou as sensacións anteriores á pandemia.
A ocupación nos hoteis chegou ao 100 % os días grandes e a hostalería e a restauración da cidade notaron os efectos positivos da grande afluencia de visitantes.
Remataron oito días de fervor relixioso, con 23 desfiles nas rúas. Pero aínda hai unha cita pendente: a romaría de Chamorro o Luns de Pascua.