Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fieis de Fátima ultiman os preparativos para a multitudinaria procesión de Ourense

Fieis de Fátima ultiman os preparativos para a multitudinaria procesión de Ourense

Esta mañá afanábanse en preparar a carroza en que irá a imaxe da santa

G24.gal 13/05/2024 14:29 Última actualización 13/05/2024 14:36

Este 13 de maio é o día da Virxe de Fátima. Na cidade de Ourense víveno con fervor. Ás once menos cuarto da noite celébrase a multitudinaria procesión, pero xa durante todo o día na parroquia a actividade é incesante para ultimar os preparativos.

Fieis de Fátima afánanse en engalanar a carroza en que a Virxe percorrerá esta noite as rúas de Ourense. A florista ten, como todos os anos, a axuda de mans voluntarias que traballan sen descanso. Milleiros de flores que dende que comezou a novena e ata última hora os crentes non paran de traer á parroquia.

Pero como todos os anos, cando máis flores achegan é na ofrenda das nais. A procesión de Fátima é a máis multitudinaria de Ourense. Ás once menos cuarto sae da igrexa de Fátima. Agardan que a choiva respecte a procesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade