Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE, optimista en acordar a renovación do CXPX co PP "dentro duns días"

O PSOE, optimista en acordar a renovación do CXPX co PP "dentro duns días"

O PP descarta que se pacte conxuntamente coa renovación doutros órganos, coma RTVE ou o Banco de España

A renovación do CXPX leva cinco anos bloqueada
G24.gal 24/06/2024 14:28

O Partido Socialista confía na posibilidade de chegar "dentro duns días" a un acordo co Partido Popular para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.  

Foi a voceira da Executiva do PSOE, Esther Peña, a que amosou ese optimismo a unha semana de que remate o ultimato que lle deu Pedro Sánchez a Feijóo para acordar esa renovación ou, do contrario, impulsar unha reforma legal. 

Peña di que os socialistas encaran esa negociación  con "confianza en chegar a un acordo, optimismo en que sexa máis pronto ca tarde e discreción nos contactos que está habendo" nas últimas horas e nos últimos días. 

Pero todo apunta que ese posible acordo non levará consigo un pacto sobre os nomeamentos en outras institucións coma RTVE ou o Banco de España. Tanto os socialistas,  coma os populares descartan que iso estea enriba da mesa. 

Podemos e Vox da por feito o acordo. Os morados din que é "peor o remedio ca enfermidade" e pídenlle ao Partido Socialista que rectifique. Para eles, a solución non pode ser que os "xuíces fachas elixan os xuíces fachas". 

O voceiro de Vox, José Antonio Fúster, sostén que hai "sinais moi evidentes de que se vai chegar a un pacto e pídelle ao PP "que entre en razón e adopte unha posición clara en contra da politización da xustiza".

Sumar ve con escepticismo a posibilidade de que o PSOE e o PP poidan pactar nuns días un acordo porque non se fían dos populares e insisten en esixir cambios na actual lei de maiorías. 

No caso de que ese acordo se materializará, Sumar evita pronunciarse sobre se apoiarían aos PSOE e limítase a asegurar que non hai que "pór o apósito antes da ferida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade