Fin de semana de actividade intensa nos aeroportos pola operación saída
Fin de semana de actividade intensa nos aeroportos pola operación saída
Os aeroportos recuperaron en xullo o 92 por cento do tráfico previo á pandemia
O Rosalía de Castro, na Lavacolla, incrementou a súa marca do ano 2019 en máis de 90.000 viaxeiros
Xornada de moita actividade tamén nos aeroportos pola operación saída. Algúns pasaxeiros regresan á casa e outros comezan as vacacións. As previsións no número de viaxeiros son moi boas para este mes de agosto. Os aeroportos recuperaron en xullo o 92 por cento do tráfico previo á pandemia.
Fin de semana de moito movemento nos aeroportos, con longas ringleiras nos mostradores de facturación e nos controis de seguridade.
"É un aeroporto moi cómodo este de Santiago, facturar e todo é bastante cómodo pero si se ve movemento", asegura un viaxeiro.
Tanto movemento este verán, que xa no mes de xullo algúns aeroportos están a superar os seus récords de usuarios. O Rosalía de Castro, na Lavacolla, Santiago, incrementou a súa marca do ano 2019 en máis de 90.000 viaxeiros.
"Nótase que a xente despois da pandemia quere saír e coller vacacións porque está todo a tope de xente", di outro pasaxeiro.
Nesta fin de semana uns xa regresan á casa mentres outros moitos comezan por fin as vacacións. Cristina ou Candela contábannos algúns dos seus plans.
"Traballamos e vivimos en Madrid, viñemos para as festas da miña vila"
"Vimos de Córdoba, collemos o voo en Sevilla e imos facer o camiño de Santiago seis amigas" "Nós vimos das Canarias, de Tenerife, e vimos pasar unha semana a Galicia"
Este domingo prevese tamén outro día de moita actividade nos aeroportos de toda España.