Cargando resultados...
Fin de semana de praia nas Rías Baixas con temperaturas de 28 graos
Fin de semana de praia nas Rías Baixas con temperaturas de 28 graos
Últimas rabexadas do verán máis cálido da historia en Galicia
G24.gal
18/09/2022 16:27
Esta última fin de semana do verán deixa unha mesma imaxe en todas as Rías Baixas.
Paseos das vilas con moita xente, os areais a media ocupación e o mar con bañista que non se resisten a dicir adeus ao verán máis cálido da historia.
Este domingo os termómetros subiron ata os 28 graos, con ceos azuis e nubes medias e altas.