Fin de semana para planificar as viaxes en Turexpo, o salón turístico de Galicia na Semana Verde
Fin de semana para planificar as viaxes en Turexpo, o salón turístico de Galicia na Semana Verde
Participaron máis de 30 turoperadores dunha ducia de países que ofertarán Galicia como destino turístico
Portugal e as comunidades lindeiras deron a coñecer os seus principais atractivos turísticos para os galegos
A Semana Verde de Galicia tamén está a ser unha plataforma do sector turístico galego para dar a coñecer a nosa oferta no exterior. Na xornada de hoxe, aberta ao público xeral, moitos buscaron propostas de viaxe dentro da comunidade ou no veciño Portugal.
Nos tempos en que moitos planifican as viaxes diante dunha pantalla, reservan a través dunha aplicación e collen un voo en tan só uns clicks, a volta ao contacto directo cun experto en turismo recupera o seu valor. Así se constatou no Salón Turístitico de Galicia, Turexpo, despois de dous días de encontro entre profesionais.
Este ano tivemos 2.200 reunións entre 32 turoperadores internacionais de doce países: Arxentina, Estados Unidos, Canadá, Brasil, Italia, Francia, Gran Bretaña, Uruguai... Países moi importantes como lugar de procedencia para Galicia e que veñen coñecer os nosos hoteis, spas, balnearios.
Os mesmos que se ofrecen para o turismo local xunto coa promoción de 40 festas de interese turístico nas catro provincias. A maiores, outros destinos próximos: comunidades lindeiras e Portugal.
Para o turista galego ofrecemos moi boa gastronomía, moita natureza, sendeirismo, oferta cultural e de artesanía e a eles gústalles moito.
Poder falar fronte a fronte coa xente é moi bo. Ademais eles coñecen, son especialistas en turismo e dannos ideas para ir unha fin de semana. Ábreche portas.
O salón de turismo abriu para o público xeral toda a fin de semana.