Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fisterra entrégase á súa Semana Santa con centos de veciños e visitantes

Fisterra entrégase á súa Semana Santa con centos de veciños e visitantes

A dramatización da Resurrección atrae milleiros de visitantes

G24.gal 17/04/2022 15:02

O triunfo da vida sobre a morte, esta é máxima que protagoniza o día grande das celebracións da Semana Santa en Fisterra no que os veciños da vila participan para recrear a anunciación da resurrección de Cristo.

No marco incomparable da igrexa de Santa María das Areas, fieis e visitantes contemplaron a recreación dramatizada que bebe dos visitatio sacramentais do Medievo e que goza da consideración de Festa de Interese Turístico Nacional. 

Milleiros de persoas animáronse a acudir este mediodía ao santuario fisterrán aproveitando a superación das restricións da pandemia de edicións anteriores. O día solleiro e o impresionante escenario natural do Atlántico fixeron da danza dos paus o colofón ideal para rematar a celebración relixiosa.

E a festa continúa toda a xornada, porque dentro do programa lúdico está prevista a actuación de varias orquestras así como actividades para os máis pequenos, sen esquecer, a posibilidade de percorrer unha das contornas máis solemnes da Costa da Morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade