Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formoso repetirá como candidato á alcaldía das Pontes

Formoso repetirá como candidato á alcaldía das Pontes

Este venres o líder dos socialistas galegos anunciará formalmente a súa candidatura

Imaxe de arquivo de Formoso Imaxe de arquivo de Formoso
G24.gal 09/03/2023 20:28

O líder do PSdeG Valentín González Formoso repetirá como candidato á alcaldía das Pontes (A Coruña) nas eleccións do próximo 28 de maio.

González Formoso é alcalde da localidade das Pontes de García Rodríguez desde 2007, polo que esta será a quinta vez que se presente, tras un mandato no que tivo 12 de 17 concelleiros, con máis do 65 % dos votos.

Tamén preside a Deputación da Coruña desde 2015, un cargo ao que poderá optar de novo por terceira vez tras concorrer ás municipais, pois é un organismo de sufraxio indirecto ao que só poden acceder edís.

O político das Pontes lidera o PSdeG desde outubro de 2021 tras ser responsable do PSdeG provincial desde 2018.

Convocou este venres unha comparecencia nas Pontes en que comunicará de forma oficial a súa vontade de concorrer ás eleccións, o mesmo escenario que elixiu hai dous anos para explicar que aspiraba a liderar o PSOE galego e o que elixiu ata o de agora para todas as decisións transcendentais da súa carreira política. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade