As fortes choivas deixan seis persoas falecidas no norte do Perú
As fortes choivas deixan seis persoas falecidas no norte do Perú
As autoridades declararon o estado de emerxencia dende Lima ata Tombes
Dende o comezo da tempada de precipitacións rexistráronse 58 vítimas mortais
O ciclón Yaku está a ocasionar importantes choivas e asolagamentos no norte do Perú. Polo momento, faleceron seis persoas. As autoridades declararon o estado de emerxencia dende Lima ata Tombes, lindeira con Ecuador.
O presidente executivo do Servizo Nacional de Meteoroloxía e Hidroloxía do país (Senamhi), Guillermo Baigorria, dixo que en Lima se prevén precipitacións "completamente inusuais" entre os días 12 e 14 de marzo.
O 3 de marzo o Goberno peruano declarara en emerxencia 233 distritos, durante 60 días, para axilizar a execución de accións e medidas de excepción que garantan a protección das poboacións.
O novo decreto pretende estender "os tempos e as áreas" desta medida ante o incremento das zonas afectadas.
Desde que comezou a tempada de choivas en setembro, 58 persoas faleceron e oito continúan desaparecidas. Máis de 400 casas quedaron destruídas e 2.500 inhabitables.