Publicador de contidos
Publicador de contidos

Frío e neve nos puntos máis altos da provincia de Ourense

Frío e neve nos puntos máis altos da provincia de Ourense

As temperaturas caeron ata os catro graos negativos en Manzaneda 

A estación agarda estrear a tempada de esquí a vindeira semana

G24.gal 15/01/2023 20:08 Última actualización 15/01/2023 20:43

A estación de montaña de Manzaneda amencía totalmente nevada este domingo. A temperatura caeu ata os catro graos baixo cero tanto en Manzaneda coma na Veiga.

As nevaradas concentráronse nos puntos máis altos. Para atopar varios centímetros de neve había que subir por riba do 1.300 metros. Alí traballaban pola mañá as máquinas quitaneves.

A cantidade caída non permite a práctica do esquí pero a estación confía en poder estrear a tempada a vindeira semana, para cando se agarda unha baixada da cota de neve. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade