Publicador de contidos
Publicador de contidos

Frío polar e aire cálido africano na mesma semana

Frío polar e aire cálido africano na mesma semana

A primavera é a responsable do tempo cambiante

Pasaremos de frío e neve na montaña de Lugo a temperaturas de 30 graos

Paseo á beira da muralla antes da chegada do frío polar de mañá
G24.gal 11/04/2023 15:07

"Antes había inverno e había verán, e agora, con isto que están facendo, o clima cambiou todo", opina un home. "A primavera xa de por si é un cambio brusco, pero por riba isto, un día calor e outro frío, é imposible", comenta a súa muller.

Pois ollo co que vai vir esta semana. As temperaturas van subirse a unha montaña rusa.

"Si, é certo, é que esta semana comezamos con temperaturas suaves, mércores e xoves as temperaturas baixarán e bastante, de forma notable, nalgún punto pode ser extraordinaria a baixada", di Alberto Romero, meteorólogo Meteogalicia.

E tanto, como que se agarda frío polar e precipitacións en forma de neve na montaña de Lugo. Durará pouco. O domingo volve a calor, pero non unha calor calquera.

"O domingo, luns e martes, poderían ser xornadas onde si, as temperaturas poidan chegar novamente á barreira dos trinta graos", continúa.

Este tempo tan cambiante é propio da primavera e ten moito que ver co desprazamento das masas de aire, diferente en cada estación.

"Entre novembro, decembro e xaneiro, xa en outubro tamén practicamente todas as borrascas circulan de oeste a leste", apunta Alberto

Na primavera móvense de norte a sur, e viceversa.

"Pois aí temos esa loita de masas de aire frías con masas de aire cálida, polo tanto o que temos é inestabilidade atmosférica".

Inestabililidade ou directamente un tempo tolo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos