Galicia busca unha fronte común con outros países para defender a pesca
Galicia busca unha fronte común con outros países para defender a pesca
A conselleira do Mar presidiu a reunión do Consello Galego de Pesca para analizar a prohibición do arrastre en zonas protexidas ou a descarbonización da frota
A Xunta avoga por crear unha fronte común de estados costeiros europeos para defender o sector pesqueiro.
A conselleira do Mar presidiu a reunión do Consello Galego de Pesca para analizar as repercusións das políticas restritivas que impulsa Bruxelas.
Sobre a mesa, a prohibición do arrastre en zonas protexidas, a descarbonización da frota e normativas que non teñen en conta, segundo a consellería, informes ambientais nin o seu impacto socioeconómico.
"España ten que buscar aliados e defender os intereses dun sector que é importante para toda Europa, pero é vital para Galicia. É un sector que produce alimentos e faino dunha maneira sostible. De feito todos os datos científicos acreditan que a maior parte dos nosos caladoiros se atopan no rendemento máximo sostible", dixo a conselleira de Pesca Rosa Quintana.