Galicia celebra o Día dos Museos ata o domingo: consulta as actividades
Galicia celebra o Día dos Museos ata o domingo: consulta as actividades
Obradoiros, visitas guiadas, eventos musicais e xornadas de portas abertas para todos os públicos
O programa para a conmemoración do Día Internacional dos Museos, con actividades para todos os públicos estenderase ata este domingo, día 21.
A programación recolle máis de medio cento de actividades que se realizan en diversos museos, con visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e eventos musicais.
A actividade comezou o mércores e dura ata a próxima fin de semana, con motivo da Noite dos Museos. Os eventos pódense consultar nos respectivos sitios webs, e nas redes sociais, dos centros repartidos por todo o territorio galego e na axenda da Consellería de Cultura.
Museo das Peregrinacións de Santiago
Ofrecerá un obradoiro de estampados florais en teas, impartido por Beatriz Rocha, o xoves 18 de 11:30 a 13:30 horas. Do mesmo xeito, o sábado 20 realizarase un roteiro urbano de plantas silvestres baixo a guía de César Lema, de 11:00 a 13:30 horas, con inscrición previa no propio museo.
Ese mesmo día, celebrarase un concerto musical do Coro da Ra ás 19:00 horas. E neste recinto, finalizará as actividades, o domingo 21 de maio, cun taller do Centro Galego de Música Popular, a Central Floque, a cargo de Mauro Sanín Leira, de 11:00 a 13:00 horas.
Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela
O CGAC organizará diferentes sesións de concerto pedagóxico 'Cousas de catro' do grupo Odaiko. Este evento, enfocado para alumnos de primaria, xa se realizou o luns 15 e o martes 16.
Ademais, o sábado 20 de maio desenvolverase unha ruta de arquitectura, dirixida por Carmen Rey, que destacará fitos da arquitectura contemporánea compostelá. O evento será de 11:00 a 13:30 horas, con inscrición previa no Centro. O mesmo sábado de 11:00 a 13:00 horas, impartirase un obradoiro en base á obra de Hassan Darsi, 'En Dourado'. Tamén será con inscrición previa dos participantes e estará dirixido a familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos.
Este mesmo taller, repetirase o domingo 21 pero para mozos e mozas de 7 a 9 anos. Por último, o domingo 21 de maio finalizará a xornada cunha visita especial aos "espazos ocultos" do CGAC, de 12:00 a 12:50 horas.
Museo Centro Gaiás de Santiago
Na Cidade da Cultura, haberá unha serie de visitas especiais á exposición 'Detrás do espello'. Na mesma, poderase descubrir o traballo na cultura popular das comunidades locais de Galicia.
Noutra visita, poderemos percorrer as biografías de sete protagonistas como George Chevalier, un fotógrafo francés que foi o autor das primeiras imaxes en cor que se conservan de Galicia. Estas fotografías son da Coruña, Padrón e Santiago de Compostela no ano 1917.
Outra das personaxes da exposición é Dorothé Schubart, musicóloga suíza que realizou un traballo de recolección, da música popular galega, que plasmou en sete volumes do cancioneiro popular
Museo Camilo José Cela de Padrón
Ampliará a exposición de 'Picasso vivo', para que poida atraer máis visitantes, a esta obra que mostra a amizade que uniu ao pintor malagueño e ao escritor galego Camilo José Cela.
Ademais, enfocará as súas actividades na mostra de 'Lesetreo', na semana das Letras Galegas no museo, do 11 ao 20 de maio.
Museo de Belas Artes da Coruña
Brindará visitas guiadas extraordinarias da exposición 'Picasso branco non recordo azul' o xoves 18 de maio. O sábado contará cun horario especial de apertura que se estenderá ata as 23:30 horas.
Ademais, celebrarase un acto lúdico e colaborativo, con materiais reciclados, como 'Picasso infinito', dirixido polo espazo educativo Arkhé, na praza do Museo de 19:00 a 22:00 horas.
O mesmo consta dun xogo construtivo en que se empregarán pezas soltas de material reutilizado e residuos recuperados.
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Ofrece este xoves 18, unha visita arqueolóxica 'Sentir Arqueoloxía', ás 12:00 horas. Tamén, programará unha visita guiada aos almacéns do museo ás 19:00 horas.
Ademais, presentará a mostra para a elección de esculturas e diferentes actividades, que se desenvolverán o xoves 18 e venres 19 de maio, como talleres didácticos para nenos e nenas. A actividade denomínase 'Parques con historia e vida' e realizarase ás 10:00 horas no xardín do Posío.
Museo do Castro de Viladonga
No concello de Castro de Rei, desenvolvese este xoves durante toda a mañá, unha actividade de orientación coa procura de puntos craves e preguntas de observación. Ademais, o sábado 20 de maio brindará de 17:30 a 19:30 uns xogos tradicionais a cargo de Xotramu, unha asociación creada para tal fin.
Tamén contará, de 18:00 a 20:30 horas, con música por parte da Agrupación Cultural A Trova e dun concerto do grupo Son de Corda
Museo do Mar de Galicia en Vigo
Arrincará a programación conmemorativa, este xoves 18, cunha xornada de portas abertas. Así mesmo, dará apertura a unha exposición temporal, 'Cultura Oceánica', cedida polo Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia, Ceida,.
Ademais, o sábado 20 de maio ás 11:30 horas, desenvolverase a actividade didáctica para familias 'Coñecendo as tiroteas'. Esta actividade estará enfocada a nenos e nenas maiores de seis anos.
Para finalizar a cita, o Museo brindará a visita guiada para o público en xeral, ás 17:30 horas, e o domingo 21 de maio, de 11:30 a 17:30 horas.
Museo Massó de Bueu
Ofrecerá o sábado 20 de maio ás 12:00 horas o taller didáctico 'Redes de maio'. Este taller estará apuntado para o público ás familias con nenos e nenas maiores de 6 anos.
Igualmente, o sábado 27 de maio, ás 12:00 horas, realizarase un itinerario monográfico 'Historia dunha salgadura que vai e vén', dirixido a todos os públicos.